Fotomicrografía Digital 

É posible facer microfotografías usando un microscopio ou estereomicroscopio e unha sinxela cámara dixital de baixo custo. Mesmo unha webcam pode servir. O resultado final dependerá de factores como a calidade dos sistemas ópticos empregados, a fonte luminosa ou o sensor CCD da cámara. Así, as posibilidades finais das imaxes obtidas serán máis amplas se usamos sistemas de captura por riba de 1,2 Megapíxeles sendo entón posible mesmo a reproducción en papel. Se o destiño é a web, as imaxes deberán "pesar" menos e  precisamos resolucións máis baixas. En calquera caso, un programa de retoque fotográfico, do estilo de PhotoShop, FireWorks, PhotoPaint, Ilustratos ou PaintShopPro, faise imprescindible.

Na seguinte galería amósanse os elementos empregados no ensaio deste sistema, algúns comentarios sobre problemas e posibles solucións e os resultados obtidos. Facendo clic nas miniaturas accédese ás imaxes a tamaño completo.

 

Microscopio óptico Vixen.

O microscopio utilizado nas probas, un sinxelo modelo monocular. O ocular foi en tódolos casos de 10 aumentos e variou o obxectivo en función do tema fotografiado.

Kodak 3215

A cámara. Dispón de zoom 2x e unha función de primeiros planos que minimiza o efecto de viñeteado. Moi útil sobre todo no caso de fotografiar cos obxectivos de menor aumento.

Visor LCD.

O típico visor situado na parte posterior da cámara facilita enormemente o traballo convertindo o conxunto nun sistema WYSIWYG. A súa ausencia obriga a utilizar un sistema externo acoplado (ordenador por exemplo no caso das webcam).

Bronquiolo de porco.

Un dos problemas que atoparemos é que as imaxes poden ter unha dominante laranxa ou verdosa. É típica de fontes de luz incandescentes ou fluorescentes, será mínima se a luz é halóxena (variable en función da calidade da bombilla) e nula en caso de iluminación natural. Se a cámara ten boas capacidades de balance de brancos o efecto pódese ver reducido.

Bronquiolo de porco.

A mesma foto despois de realizar un axuste de cor con PhotoShop. Utilizando a función de Axuste/Curvas, modificouse a canle azul para correxi-la dominante verdosa.

Hidrozoos.

Outra modificación con PhotoShop dende a imaxe inicialmente capturada. En ocasións o resultado pode mellorar se modificamo-la luminosidade xeral. Como neste exemplo, ademáis da canle azul para correxir a dominate verdosa, utilizouse o Axuste/Curvas aplicándoo a tódolas canles (RGB); modifica-lo brillo reduciría o contraste resultando imaxes con pérda de saturación.

Nesta imaxe apréciase o típico viñeteado na marxe dereita debido a un erro no centrado dos sistemas ópticos: o microscopio e o obxectivo da cámara. No momento de disparar, o pulso pode traicionarnos. Se ámbolos dous compoñentes o permiten, o ideal é idear algún sistema de suxección da cámara ó ocular do microscopio. Se o microscopio é binocular teremo-la posibilidade de realiza-lo enfoque fino tanto a través da pantalla LCD da cámara como directamente a través dun dos oculares.

[Componente PhotoAlbum do FrontPage]

 

 

 

Saiba mais:

FOTOMICROGRAFIAS SIMPLES MEDIANTE EL USO DE UNA CAMARA DIGITAL DE BAJO COSTE

Las microfotografias digitales pueden ser fácilmente realizadas utilizando un microscopio y una cámara digital sin ningún adaptador. Para ello hay que enfocar el objeto en el microscopio, seleccionar el modo primer plano de la cámara para ver la imagen en el monitor LCD, situar el objetivo de la cámara sobre el borde del ocular, y: click!

Con un estereo microscopio, uno puede incluso obtener imágenes 3D estereoscópicas. Para ello hay que realizar fotografías en el ocular izquierdo y derecho, situarlas juntas en el ordenador, y, mediante la utilización de gafas estereoscópicas,  ver la imagen 3D bien en la pantalla o sobre la copia impresa.

Como ejemplo de lo mencionado, debajo se muestran 2 microfotografías que han sido realizadas con una cámara digital (de 300 euros coste).

Imagen 1:

Microscopio polarizante, microfotografía de una sección delgada a nícoles cruzados: un grano de cuarzo fuertemente chocado que presenta vidrio diapléctico y PDFs. Procedente de la estructura de impacto de Rubielos de la Cérida (España). El diámetro de la imagen es de 700 mm.

Imagen 2: 

Microscopio binocular de bajo aumento. Imagen estereoscópica de vidrio silício de impacto. Procedente de la estructura de impacto de Rubielos de la Cérida (España).

La anchura del campo visual es de 8 mm

 

 
RETORNAR INDEX SUBIR DOCUMENTO